martes, 15 de diciembre de 2009

Novedades: Centoloman



CENTOLOMÁN número 0, 2,50 euros
28 páxinas en branco e negro máis cubertas a cor.
edita REI ZENTOLO
idea orixinal e coordinación: Pablo Zentolo
Guión: Rodrigo Cota Debuxos: Jano

O empresario Xusto Constante escaralla a ría
coa contaminación que produce
a súa fábrica. Ata que un día, Man,
un dos seus traballadores, desaparece en
estrañas circunstancias.




“Centoloman” antes de presentarse, posúe merchandasing dende fai 4 anos en versión camisola e camisola infantil  e,  proximamente  tocaralle  ao  boneco  de  peluche.  Tamén  superheroi  galego,  que  é  o idioma no que fala e os valores do seu pasado profundo común, xa que posúe un carácter de fillo da historia irmandiña, nos dous sensos que se lle poden dar a ésta. No primeiro, pola súa
sensibilidade  a  inxustiza,  outro  Robin  Hood  perseguido  pola  C.I.A,  e,  a  vez,  polo
cuestionamento da capacidade propia, sen chegar a ser Albert Camus; ademais dun marcado
ecocentrismo panteísta mariñeiro.  

 
Éste vai ser o número 0, a primeira das muitas futuras publicacións sobre a súa historia.
Sobre unha personaxe de Rei Zentolo e unha idea orixinal de Pablo Zentolo, os encargados de
elaborar esta primeira entrega son: 
En  canto  ó  debuxo,  Jano,  debuxante  de  prestixio  recoñecido  no  mundo  da  ilustración,  ten
publicado varios álbumes de viñetas e conseguiu diferentes becas e premios polo seu traballo
neste eido.
 En  canto  ó  guión,  Rodrigo  Cota,  escritor  pontevedrés  que  colabora  asiduamente  en  varios
xornais,  gañador  de  varios  premios  de  guión,  negro  ocasional  e  que  ven  de  publicar 
recentemente REI medio  as  artes  plásticas  e  a  literatura,  retornando  ao  espírito  que  posuían  os  creadores galegos  nos  anos  70,  facer  cultura  galega,  de  avangarda,  e  que  integre  o  diálogo  de  tódalas
súas expresións. 

 
Neste  senso,  xa  están  a  traballar,  na  homenaxe  a  un  referente  desta  idea  de  Galicia.  A
reedición  do  “Homenaxe  a  Uxío  Novoneyra”,  un  gran  libro‐catálogo  de  arte,  literatura  e
historia, que se presentará ao público co comezo do vindeiro ano das letras galegas do poeta
para dignificar a súa memoria e a da súa xeración. 

No hay comentarios: