Escribo para presentarche O Botafumeiro, unha revista dixital de humor en galego.
Trátase dunha publicación de periodicidade mensual que combina textos de opinión e banda deseñada. Dentro da publicación o lector atopará textos e banda deseñada. Conta con colaboradores coma Manel Cráneo, Martín Romero, Alberto Guitián, Brais Rodríguez, Xiomara, Berto Fojo, Murray Mckinley, Diana López, os Barbamigos, Ana Santiso, Rodrigo Cota e Toño Tejerina.
Ademáis, cada número tamén ten as súas sorpresas e novidades. Os Tiraboleiros son o consello de redacción que xestiona a publicación e organiza os asuntos de orde loxística, estructúrase coma unha sociedade de intereses comúns e cun obxectivo claro, todos os que forman parte de O Botafumeiro teñen o compromiso de ser os altofalantes da minoría silenciosa, non é un traballo agradable pero alguén ten que facelo.
Invitámosche a visitar a nosa web www.obotafumeiro.com para que poidas coñecernos mellor.
Unha aperta e lembra que onde hai fume, hai lume.